GRADO DE CONTRIBUCIÓIN Á INSERCIÓN DE COLECTIVOS OU PERSOAS SOCIALMENTE DESFAVORECIDOS

En QDP defendemos que a diversidade xeneracional, cultural, sexual, de xénero e a integración de persoas con capacidades diferentes, contribúen á xeración de ideas e perspectivas distintas e innovadoras, aportando valor engadido que permite a agrupación beneficiarse dun aprendizaxe mutuo sobre a base do principio de Igualdade e non discriminación que rexe e debe rexir todas as nosas actividades, proxectos e programas.

As persoas usuarias de QDP establécense en tres grandes grupos de idades os xoves de (0 a 14 anos), os mozos de (dende os 14 ós 30 anos) e os adultos (de 30 en adiante)

Primeiro grupo está constituído polos menores de 14 anos, polo tanto poboación infantil e adolescente. Constitúen o 15,7% dos usuarios do Centro de Queixumes

O segundo grupo inclúe os mozos e mozas (14-30 anos), que supoñen o 37,6% dos usuarios do Centro

O terceiro grupo recolle os maiores (30 anos en adiante), o grupo máis numeroso.

 

Dende QDP apostase por promover a equiedade e a inclusión social, facilitando o acceso de participantes que proceden de entornos desfavorecidos e con menos oportunidades que lle impidan a participación nas actividades, programas e proxectos culturais ou patrimoniais da agrupación, por motivos tales como:

Persoas con discapacidade.

É dicir, participantes con necesidades especiais: persoas con discapacidades mentais (intelectuais, cognitivas, de aprendizaxe), físicas, sensoriais ou de outros tipos. Por este motivo, en QDP queremos impulsar proxectos que fomenten a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade e tamén as de aquelas que, por razóns de envellecemento ou enfermidade, sofren o deterioro das súas capacidades e da súa saúde. Iniciativa Xove, da Consellería de Xuventude (2018): “O folclore integra, inclúe e representa” Un grupo de 30 mozos tanto galegos como inmigrantes, con ou sen diversidade funcional comparten espazo de coñecemento, que a través do folclore galego e da cultura popular, lles permitiran convivir mellor en sociedade e descubrir a súa autoestima. O ámbito de actuación ten carácter provincial.

Persoas mozas:

Mozos e mozas con dificultades de aprendizaxe, persoas que abandonan os estudos prematuramente, mozos con baixo rendemento académico. No ámbito da mocidade, deséñanse actividades culturais como marco común para respaldar a participación e a inclusión dos máis mozos. Promovendo a mobilidade e oportunidades de aprendizaxes culturais dos mozos. Promovendo oportunidades de educación non formal para este colectivo en contextos internacionais (festivais, intercambios culturais, involucrando a tantos como como sexa posible, dende a a etapa de planificación e tratando sempre de involucrar a outros que nunca antes participaran en actividades similares. Proxecto Iniciativa Xove, da Consellería de Xuventude (2017): “Grabacións e recolleitas escritas de Cantigas populares na Comarca de Ourense” Para este proxecto contratouse a un profesional experto en música, canto tradicional e recolleita.

Inmigrantes

Con diferenzas culturais e persoas con dificultades de adaptación lingüística e inclusión cultural. Dende finais dos anos mil novecentos noventa, a chegada de persoas de orixe estranxeiro a provincia de Ourense abriu a Queixume dos Pinos unha fiestra de novas culturas no territorio.

Ir al contenido