Festival de panderetas “Repenica Maruxa”

Compartir en whatsapp
Compartir en facebook
Compartir en pinterest
Compartir en email
Compartir en telegram
1 de septiembre de 2021
0:00
30 días
Música

Descripción de el festival

Este festival emitirase a modo festival no mes de setembro de 2021 a través de facebook live, twitch, youtube. As grabacions teran lugar individualmente cada grupo no centro cultural Queixumes dos Pinos un espazo amplo e no cal nos aseguramos que non haxa non aglomeracions cumprindo as restricción da covid e coidando a saude todos os implicados no festival. Esta modalidade de Festival se presenta como alternativa a situación derivada da pandemia do covid así como ao uso das novas tecnoloxías en consonancia coa nosa cultura popular tradicional.

A Agrupación Folclorica Queixumes dos Pinos programara para emitir no mes de setembro de 2021 un festival de panderetiras online, os grupos grabaran individualmente en días diferentes dentro do Centro Cultural Queixumes dos Pinos respetando todolos criterios sanitarios de loita contra a covid 19. Tentamos dende Queixumes dos Pinos e comop ven sendo habitual dende o comenzóu da pandemia traballar a proil da música e do folclore galego adaptándonos as circunstancias que nos tocan vivir.

A organización do Festival de Pandereteiras “Repenica Maruxa” 2021 parte da necesidade que apreciamos de apoiar a nosa música tradicional, asi como axudar a divulgala e tentar atraer a novos públicos.

Marco de el evento

O Centro Cultural Queixumes dos Pinos reúne as condicións ideais para desenvolver este festival por encontrarse un espazo cun ambiente cheo de cultura e tradición que se respira polos catro costados, ademáis de dipoñer dun espazo de escena apto para o desenvolvemento desta actividade. Asimismo, entre os criterios a seguir para a seleción do lugar no que se desenvolven as actividades, destacan o acceso a todos os públicos, tendo en especial consideración aqueles emprazamientos desprovistos de barreiras arquitectónicas, facilitando deste xeito o aceso ao festival de aqueles colectivos que poideran presentar dificultades de movilidade polo que consideramos o centro Cultural Queixumes dos Pinos situado na Rua Nosa Señora da Sainza como o espacio adecuado para a celebración deste evento
Ir al contenido