A Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos, ten programado un evento novedoso como é a posta en marcha de homenaxes a distintas personaxes que marcaroin unha época no eido da música en Galicia
Nesta primeira edición imos focalizar esta homenaxe na figura de Suso Vaamonde. Suso Vaamonde naceu en Ponte Caldelas (Pontevedra) en 1950, máis concretamente na aldea de Regodobargo. Un pequeno núcleo de casas de pedra no que os seus habitantes se dedicaban principalmente a traballar no campo. Suso era o fillo do profesor. Despois de chegar as súas mans unha guitarra, Suso comezou a compoñer os seus primeiros temas cando apenas tiña dezaseis anos, dándose a coñecer na Asociación Cultural de Vigo. Os seus comezos son bastante beat e rock, en grupos como Os Copens e Marco Balorento. Con Os Copens xa se achegaba ao folk, Bob Dylan, Joan Baez, Peter, Paul & Mary … e xa comeza a compoñer cancións en galego. Suso tiña claro o obxectivo que perseguía coa súa música: a defensa dun pobo, dunha terra e dunha lingua … “cantar en galego. Puxen música aos poemas que me gustaron e, cando me dei conta, xa tiña un repertorio feito. Teño moitas letras feitas pero sempre reitero que en Galicia temos os mellores letristas. No ano que non se dedicaron as Letras Galegas a Celso Emílio Ferreiro, estaba a dar charlas sobre a súa poesía e a súa música galega. Foi sorprendente descubrir como tiña case douscentos poemas musicados. Non creo que haxa no mundo un poeta con esa característica. Curros Enríquez ou Bernardiño Graña son outros exemplos de letristas. Poñéndolles música, faise unha nova lectura e nacen cancións. Non me atrae facer marabillas con corenta músicos; o que quero é traballar dun xeito máis sinxelo sempre pensando no directo. Probablemente isto responda a que nunca pensei en convivir coa música porque sei que é moi difícil. Non quero ser un profesional do canto, faino o mellor posible … Suso sempre afirmou que se sentía ben preto do pobo: «Gústame cantar nas aldeas. No lugar menos esperado. Onde non se prepara nada. A Universidade interésame menos que a aldea. Creo que me sinto máis cómodo sendo escoitado por mariñeiros ou campesiños que por estudantes universitarios … As nosas cancións falan de problemas da aldea, por iso chegan mellor á xente da aldea ”.
Queixumes dos Pinos decide pola impronta deixada e pola musicalidade de poemas de Celso Emilio Ferreiro, de Alvaron Cunqueiro, Bernardino Graña entre outros homenaxear a unha figura tan importanto no eido da musica en Galicia.